Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco engánchase á loita polo ascenso

RR_Noticias

A un punto do segundo clasificado e a catro do líder, o equipo de Jacobo Montes está situado entre os mais fortes da Preferente Sur. A vitoria sobre o Mondariz déixaos na cuarta posición da táboa cando resta cinco xornadas para rematar a liga. Os equipos de Segunda Autonómica tamén gañaron os seus respectivos encontros nunha xornada favorable tamén para o fútbol sala local.
 
 

Preferente Sur

Choco 2-0 Mondariz
O Choco sumou unha importante vitoria en Santa Mariña, e xa son oito os encontros que leva encadeado sen coñecer a vitoria.
Segunda Autonómica

Choco B 1-0 S.Esteban
O filial do Choco mantense na parte alta da táboa logo de gañar na casa pola mínima. Son 5º e o próximo domingo disputarán o derbi local, Chapela-Choco B.
Santa Mariña 1- 2 Chapela
Os de Chapela déronlle a volta ó marcador logo de comezar o encontro cun gol dos locais. Na segunda metade os redondeláns anotaron os dous goles que lle deron o triunfo. Toda unha inxección de moral para recibir na casa ó Choco B no derbi da próxima xornada.
Nespereira 2-0 Xinzo
Foi a segunda vitoria dos de Pazos nesta temporada, aínda non é suficiente para sacalos da última praza do grupo. Na próxima xornada xogarán no campo do Louro.
Terceira Autonómica

Moraña 4-1 Cesantes
Os de Cesantes perderon por goleada e sitúanse na parte baixa da táboa. Na próxima xornada reciben a un dos equipos máis fortes do grupo, o Bueu, 2º clasificado.
At. Vilar 1-2 Caldelas
Os redondeláns seguen na parte baixa da táboa logo da derrota, e preparan a visita ó campo do Casablanca, co que están empatados a puntos.
Santomé 0-2 Arcade
O equipo de Soutomaior, líder do grupo, foi moi superior ós locais, que ademais só contaban con 11 xogadores e sen ningunha posibilidade de cambio. Na próxima xornada recibirán no seu campo ó Moaña B.
Fútbol Sala- Autonómica Sur

Redondela F.S. 2-1 Garcíaaraujo.com
Os de Julio Mougán dominaron o encontro encontro desde o comezo, coa posesión do balón, o que permitiu ó Redondela F.S. poñerse por diante co 2-0 con dous goles de Dani. Logo, na única chegada dos rivais antes do descanso, recortaron distancias co 2-1. Na segunda metade o xogo mudou, e aínda que os locais tiveron varias ocasións para ampliar o marcador o resultado non se moveu. Despois da vitoria ante garciaaraujo.com o Redondela FS acumula catro xornadas consecutivas sen perder, e o máis importante, colócase 10º empatado co 9º. Quedan agora catro xornadas para que os redondeláns aseguren a categoría.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará