Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Afectados pola AP-9 critican a “incoherencia” do PP no seu discurso sobre a autoestrada

RR_Noticias

Na xornada de hoxe debaterase no Parlamento Galego unha Proposición Non de Lei do PP na que se insta ó Ministerio de Fomento a ampliar a autoestrada en Rande na parte da ponte, no tramo comprendido entre a área de peaxe de Rande e a conexión coa vía do Morrazo. Unha actuación que a Asociación tilda de “caramelo envelenado” por “deixar sen ampliar ata un futuro incerto, o tramo no que se atopan os servizos sociais de Chapela”.

A Asociación de afectados, dous de cuxos membros estarán hoxe no parlamento convidados polo grupo de AGE, aseguran que o PP está a “enganar ós veciños de Redondela dende que gañou as eleccións” xa que todas as declaracións que fixeron ata hai uns meses “sempre foron en contra da ampliación da AP-9, incluso facendo duras críticas ó exministro Jose Blanco por aprobar este proxecto, mentres que agora presentan esta Proposición Non de Lei na que solicitan ao Ministerio que axilice dita ampliación”.
Critican especialmente que a iniciativa parta, entre outros, do ex concelleiro de Redondela Alberto Pazos Couñago “quen votou en contra en dous plenos do Concello e que tamén o día 9 de marzo deste ano estivo detrás dunha pancarta en Chapela manifestándose en contra da ampliación”.
Finalmente dende a asociación solicitan ao Alcalde e os Concelleiros “que respondan con contundencia a esta iniciativa do seu partido porque xa estamos fartos de que nos mareen entre tata incoherencia”.
Anuncian ademais que ante os últimos feito a Asociación cambiará radicalmente “a postura e actuacións que viña mantendo”
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará