Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os furancheiros serán multados con mil euros se despachan máis de 5 tapas

RR_Noticias

A normativa municipal que regulará esta actividade tradicional considera como falta grave servir ao clientes tapas diferentes ás cinco que previamente terán que definir en cada establecemento. Os fúranchos deberán pechar as súas portas antes das 00:30 horas e poderán abrir ao mediodía os sábados, domingos e festivos.

A normativa, que ven de ser aprobada inicialmente no último pleno municipal, establece unha serie de requisitos que deberá cumprir cada un dos furancheiros para abrir o seu establecemento. Así, poderán abrir un fúrancho aquelas persoas que acrediten ser titulares de viña sempre e cando residan fora dos cascos urbanos de Redondela, Chapela e Cesantes e deberán ademais comprometerse a servir un máximo de cinco tapas elixidas dunha listaxe entre as que se atopan produtos como zorza, pementos, tortilla, taboa de embutidos e queixos, chourizo ou empanada, entre outros. Ademais este borrador recolle outros aspectos como a obrigatoriedade dos fúranchos a cumprir os requisitos sanitarios do regulamento de produtos alimenticios e estar inscritos nun rexistro municipal. A normativa municipal que regula esta actividade tradicional e que aínda está pendente de ser aprobada definitivamente establece tamén unha serie de infracción aparelladas con multa económica que vai dende as infraccións leves sancionadas con multas de 300 a 600 euros as infraccións de carácter grave. Así, considérase falta grave servir ao clientes tapas diferentes ás cinco que previamente terán que definir en cada establecemento.  Tamén se considera unha infracción grave desenvolver a actividade fora do período establecido ou vender viño embotellado ou non orixinario do excedente de consumo propio. A oposición amosou a súa conformidade coa ordenanza “sempre e cando teña como obxectivo regular a actividade e non sexa exclusivamente con fins recadatorios”.  

Ana Mª Alonso Concelleira de economía
Explica as características xerais que deberán cumprir estes establecementos
Horario dos furanchos
Poderán permanecer abertos ata as 00:30
Infraccións
As multas poderían chegar aos mil euros

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará