Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Detido un mozo de 15 anos por intimidar e agredir a outros menores

RR_Noticias

O detido, que pasou xa a disposición da Fiscalía de Menores de Pontevedra, levaba meses atemorizando a diferentes vítimas a quen lles roubaba cartos, teléfonos móbiles e outros efectos persoais segundo información da Policía Nacional. En todos os casos, o agresor actuaba cun alto grao de violencia.

Axentes da Policía Nacional detiveron a este menor de quince anos de idade e veciño de Redondela como resultado dunha investigación que se abriu logo da denuncia verbal presentada polo Concelleiro de Seguridade e Interior, Arturo González. O edil trasladoulle á Policía a preocupación de varios pais polos continuos roubos, agresións e ameazas dos que os seus fillos eran vítimas por parte doutro menor.
Logo dunha xuntanza cos agredido co obxecto de que presentaran a correspondente denuncia, todos manifestaron que un mozo, cuxas características físicas coincidían plenamente en todas as declaracións, os tiña agredido ou ameazado durante os últimos meses para lle roubar cartos, móbiles e outros efectos persoais.
En todos os casos, segundo información da Policía Nacional, o agresor actuaba só ou acompañado pero sempre cun alto grao de violencia. Incluso nalgunha ocasión tiña agredido a outros mozos sen mediar palabras e sen demandarlle ningún tipo de efecto persoal
Logo da investigación identificouse ao menor e foi detido logo de tomarlle declaración o xoves día 4, pasando a continuación a disposición da Fiscalía de Menores de Pontevedra.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará