Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Xabier Balsas, reelixido como responsable local do BNG en Redondela

RR_Noticias

Balsas encabezaba a única lista presentada que foi aprobada por unanimidade na Asemblea. Local do BNG celebrada este sábado día 6 de abril. Unha lista que está conformada “por algunhas persoas xa integrantes do consello local saínte, xunto con algunhas caras novas froito da necesidade de renovación progresiva das responsabilidades dentro do Bloque” segundo explican dende a formación política.

Unha vez renovados os órganos de dirección da organización a nivel nacional e a nivel comarcal dentro do proceso derivado da XIV Asemblea Nacional, correspondía a renovación a nivel local que se concretou no Consello Local celebrado o pasado sábado.
A única lista presentada, encabezada por Xavier Balsas e conformada “por algunhas persoas xa integrantes do consello local saínte, xunto con algunhas caras novas froito da necesidade de renovación progresiva das responsabilidades dentro do BNG” foi aprobada por unanimidade na asemblea.
A organización nacionalista asegura “encarar un novo período co obxectivo primordial de continuar na loita pola democratización efectiva da sociedade do noso país, que só se poderá conseguir alcanzando un maior grao de soberanía, tanto dentro dunha España cada vez máis centralista e autoritaria, como no conxunto de Europa”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará