Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un “ventre plano” co método Slim Belly na piscina de Redondela

RR_Noticias

As instalacións da piscina de Redondela acollerán durante un mes un método orientado a perder graxa localizada e que asegura aos seus usuarios que poderán reducir entre 4 e 8 centímetros. Esta é unha das actividades que organizan a curto prazo e que buscan fidelizar aos seus abonados e atraer novos usuarios.

A partir do 8 de abril e durante catro semanas, os usuarios da piscina municipal poderán participar nun sistema innovador para perder graxa localizada a través do método “Slim Belly”. Un método dirixido a maiores de 16 anos e que axuda a queimar o tecido adiposo de modo puntual conseguindo unha reducción do perímetro abdominal de entre 4 e 8 centímetros. O estudo, no que a piscina de Redondela participa xunto cun cento de centros deportivos de toda España, dura 4 semana e abarca tres sesións semanais de aproximadamente 40 minutos cada unha e está dirixido “tanto a mulleres como homes que busquen obter un ventre plano”. Unha actividade orientada ao público en xeral, non así a ruta de sendeirismo que organizan de cara ao vindeiro día 13 e que está orientada aos socios. Unha andaina de 17 kilómetros pola Fraga do Barragán en Pazos de Borbén e cuxa duración está estimada en catro horas. Máis información nas instalacións da piscina ou no teléfono 986 400 586.  

José Bamio xerente da piscina
Un método para perder graxa localizada

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará