Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Concello prohibe os toldos fixos instalados polos hostaleiros nas súas terrazas

RR_Noticias

A ordenanza que regula a utilización do espazo público por parte das terrazas establece ademais que os propietarios dos negocios terán que retirar mesas e cadeiras da vía pública todas as noites e obriga a pechar as terrazas á 1:30 horas malia a pretensión dalgúns hostaleiro de ampliar o horario ata as tres da madrugada.

A normativa foi aprobada de xeito definitivo no pleno de onte logo de que se rexeitasen as alegacións presentadas polos hostaleiros. Un dos temas máis conflitivos desta ordenanza foi, segundo dixo o edil de interior Arturo González, a cuestión dos horarios de peche, xa que algúns hostaleiros solicitaron que estas terrazas puideran estar abertas ata as 3 da madrugada, cuestión que foi rexeitada polo malestar que o ruído provocaría nos veciños. Tal e como se recoller no documento aprobado os establecementos terán que pechar ditas terrazas á 1:30 da madrugada tanto os sábados como as vésperas de festivo. A oposición amosou o seu acordo con este horario aínda que dende a Agrupación de Electores solicitaron que “os furanchos pechen unha hora antes para facilitar así que os hostaleiros se beneficien tamén dos clientes que van a estes establecementos tradicionais”. Outro dos puntos máis polémicos é a prohibición que se recolle na normativa e que impide que a anclaxe dos toldos na vía pública, unha practica que ten proliferado nos últimos meses en prazas e rúas da vila. Dende o BNG demandaron que ademais de prohibirse pase a considerarse “unha infracción grave a colocación de estruturas fixas” Outro dos puntos recollidos na normativa establece que mesas e cadeiras deberán quedar recollidas e retiradas da vía pública durante as noites Unha normativa que foi aprobada logo da polémica ao denunciar AER que en todo o concello só había un local que contaba co permiso municipal pertinente, un establecemento de Chapela.  

Arturo González edil de interior
O horario de peche será á 1:30 horas
Retirada de mesas e cadeiras
Deberán ser retiradas todas as noites
Toldos fixos
Prohíbese a anclaxe dos toldos na vía púbblica
Xoan Carlos González BNG
O BNG pide que sse considere unha infracción grave colocar instalacións fixas
Jorge Varela AER
Unha hora de diferencia entre o peche dos furanchos ás 00:30 e as terrazas a 1:30

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará