Hoxe é Sábado 7 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os afectados polas preferentes permiten a celebración dun pleno maratoniano

RR_Noticias

A corporación local celebrou a sesión plenaria sen incidentes logo de que se permitise aos afectados a lectura dun manifesto no que esixiron a devolución íntegra dos seus aforros “sen a aplicación da quita” e a arbitraxe universal. No pleno tomou posesión do seu cargo como concelleiro o edil Julio Alonso Monteagudo, quen asumirá as competencias de cultura en substitución de Alberto Pazos. Aprobouse ademais a normativa que regulará as terrazas de hostalaría.

Mentres no resto da comarca os plenos se celebraban baixo protección policial para evitar o boicot dos preferentistas, en Redondela a sesión discorreu con total normalidade Logo de que o alcalde, Javier Bas, permitise a lectura dun manifesto por parte dos afectados. Catalina Míguez era a encargada de poñer voz a unhas reivindicacións compartidas por todos os aforradores que teñen os seus cartos “secuestrados” nas preferentes e subordinadas, esixindo unha solución “que debe ser política sen demagoxias nin electoralismo”. Unha solución que pasa por unha arbitraxe universal “non lenta, inxusta e insuficiente como esta a ser ata o de agora” e porque non se aplique a quita aos afectados. En caso contrario anuncia que as plataformas “endurecerán as súas protestas” Unha protestas que no concello de Redondela está ser moderadas se as comparamos coa tensión que se está a vivir noutros concellos nos que só a presenza policial permite a celebración dos plenos tal e como acontecía onte en Baiona ou Nigrán. Polo pacífico das súas protestas recibían o aplauso da corporación e as palabras de apoio de todos os grupos. O propio alcalde aseguraba estar posicionado a favor de que se devolva os cartos aos aforradores que “foron enganados”, uns aforradores que segundo dixo o que fora director de Caixa Galicia en Redondela “están pagando a mala xestión de xente que comercializou con este tipo de produto a persoas que non era o destino adecuado” Dende o BNG amosaron tamén o seu apoio aos afectados pero a súa voceira, Cecilia Pérez Orge aproveitou para reclamar do goberno local que faga presión para que o seu partido dea solucións satisfactorias aos afectados. Pola súa banda, dende o PSOE entoaron o “mea culpa” pedindo perdón por non ter controlado todo o que debían cando gobernaban en Madrid e o seu voceiro, Luír Orge, tendía a man ao afectados para axudar en todo o que sexa necesario. Os veciños abandonaron a sala 15 minutos despois do inicio do pleno, que transcorreu con total normalidade a partir dese momento e no que tomou posesión do seu cargo o edil Julio Alonso Monteagudo, quen asumirá as competencias de cultura en substitución de Alberto Pazos.  

Catalina Míguez afectada polas preferentes
Esixe solucións políticas
Non aceptan quitas
Solicitan que a arbitraxe sexa universal
Javier Bas alcalde
O rexedor amosou o seu apoio aos afectados
Cecilia Pérz Orge BNG
A nacionalista solicitaba ao goberno local maior presión ao seu partido
Luis Orge PSOE
Entonaba o "mea culpa"
Julio Alonso Concelleiro de Cultura
O edil tomou posesión do seu cargo

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará