Hoxe é Luns 14 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PSOE reclama o arranxo do camiño de acceso á igrexa de Santo Estevo de Negros

RR_Noticias

O camiño do Seixo, que une a N-555 coa igrexa da parroquia, presenta moitos danos e constitúe un caos nos días dos actos relixiosos. O seu arranxo é para o concelleiro Eduardo Reguera “algo prioritario para garantir a seguridade vial e peonil dos veciños”.

Os veciños de Negros trasladaron ao PSOE a problemática que afecta ao camiño que da acceso á igrexa da parroquia, o camiño do Seixo que nos días nos que teñen lugar actos relixiosos supón un grave perigo pola aglomeración de vehículos na estrada nacional.
A Asociación de veciños da parroquia asegura que malia ter negociado co enxeñeiro xefe de Fomento Faustino Rubio e mais co bispado, quen cedeu os terreo necesarios que hai ao lado do citado camiño para poder darlle unha solución e que incluso se cambiaron dous postes de electricidades a ambos lados da estrada que entorpecían as acción previstas a día de hoxe o camiño segue sen ser arranxado.
Ademais dos problemas que supón o estado no que se encontra o camiño e o estreito que é, tamén é un grave risco para a seguridade dos vehículos e dos peóns a proximidade da carreteira nacional 555. A liña continua non permite entrar directamente á igrexa para os que veñen dende Redondela, polo que hai que dar a volta máis arriba, pese a que tampouco existe unha zona segura próxima para facelo. E, no caso dos que veñen dende o aeroporto, é imposible entrar no camiño posto que, para facelo, hai que invadir o carril contrario na súa totalidade. E ocorre o mesmo para os vehículos que queren incorporarse a carreteira nacional, pola total falta de visibilidade.
Por este motivo, dende o PSOE instan ao Goberno local a que faga as xestións precisas ante Fomento para garantir a seguridade do acceso ao camiño do Seixo.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará