Hoxe é Xoves 14 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A paseo da Portela está a ser un dos máis damnificados polo temporal de vento e choiva

RR_Noticias

Na mañá de hoxe foi necesaria a intervención do Grumir e a Policía Local para retirar unha árbore que se tiña derrubado na estrada que comunica a Portela co centro urbano. Efectivos de Protección Civil efectuaron tamén unha limpeza nun tramo da estrada PO-250 logo de detectar varios condutores a existencia de aceite no firme.

Veciños da zona de A Portela avisaron ás 6:30 horas de hoxe do derrube dunha árbore na estrada que comunica co centro urbano. Ata o lugar desprazáronse os axentes da policía Local e o Grumir que logo de cortar a árbore retirárona da estrada restablecendo así a circulación.
Tamén onte foi necesario limpar a zona no inicio do paseo peonil logo de que a auga desprazara terra do monte Machaquito e foi necesaria a intervención do Grumir na rotonda de acceso á autoestrada en Cabanas por estar un dos carrís completamente inundado.
Por outra banda, membros de protección civil tiveron que limpar na mañá de hoxe restos de aceite nun tramo da estrada PO-250 entre Redondela e Reboreda, segundo información da Policía local, servicio que recibiu o aviso dun condutor que a piques estivo de perder o control do seu vehículo a consecuencia do inestable do firme.
O aviso produciuse ao redor das seis da mañá e ata o lugar se desprazaron membros de protección civil que baldearon a zona, preto do cruce don San Xoán de Arcal, e aplicaron un produto antideslizante para evitar un accidente.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará