Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O certame da camelia reunirá no Castelo de Soutomaior a máis de 50 cultivadores

RR_Noticias

A tradicional cita celebrará a súa XIII edición os días 23 e 24 coa presencia de centos de persoas que poderán coñecer na fin de semana ás diferentes especies de camelia. A concelleira de cultura, Dolores Cernadas convida aos veciños a se achegar a esta mostra na que se poden ver exemplares tan xenuínos como camelias negras ou con olor.

O Castelo de Soutomaior será a vindeira fin de semana o escenario do XIII Certame e Exposición da Camelia, unha edición na que se volven superar as previsións, con máis de medio cento de participantes, dos cales 30 son semiprofesionais e 25 proceden do concello. Non faltarán ademais as composicións escolares e a colaboración dos comerciantes que empregan camelias para adornan os seus escaparates. E un ano máis, os concursantes optarán aos diferentes premios nos apartados de mellor flor e mellor composición artística, onde hai cultivadores que amosan unha enorme orixinalidade. A Exposición poderá visitarse a partir do sábado pola tarde e o domingo durante todo o día. A entrega de premios levarase a cabo o domingo ás 18:00 h. Unha oportunidade única para visitar o Castelo de xeito gratuíto aproveitando esta exposición tan primaveral.  

Dolores Cernadas edil de Cultura
Elevada participación
Premios
Valórase a mellor flor e a mellor composición
Exemplares extraordinarios
Camelias negras ou con olor son algunhas das rarezas que se ven na exposición

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará