Hoxe é Luns 14 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Descontos para as mulleres comprometidas coa lactación

RR_Noticias

A Asociación Maimiña, creada co fin de espallar e normalizar o acto da lactación e a crianza natural, centra os seus obxectivos en apoiar aos pais e nais que buscan criar aos seus fillos dun xeito máis natural. E nese camiño organizan charlas, obradoiros e benefician as súas socias con descontos en comercios infantís.

Maimiña reúnense dúas veces ao mes na Casa da Cultura para compartir impresións e resolver dúbidas que xorden en torno á crianza dos nenos. Pero a maiores organizan tamén actividades abertas nas que abordan temas de interese social. Así, este venres terá lugar na Casa da Torre unha charla na que se falará da conciliación da vida laboral e familiar cun análise a tres bandas: pedagóxico, sanitario e lexislativo. Para iso contarán cunha pedagoga, unha matrona e unha avogada coñecedoras das leis e a normativa existente en canto aos dereitos das nais. A cita, organizada xunto con departamento de igualdade do Concello, será o venres ás 18:00 horas. A asociación celebra tamén o sábado un obradoiro de remedios homeopáticos para enfrontarse a doenzas tales como a febre, o arrefriado ou as afeccións gastrointestinais nos nenos. Unha charla na Casa da Cultura ás 10:00 da mañá gratuíta para as socias mentres que o resto deberán abonar un prezo simbólico de 3 euros. Lembran dende a Asociación que converterse en socia cunha cota de 10 euros anuais implica outras vantaxes ademais de acceder de xeito completamente gratuíto ás actividades que organizan, como o feito de poder facer uso de descontos en diferentes comercios da vila como ópticas, librerías, papelerías ou tendas de calzado infantil.  

cecilia Noia asociación Maimiña
Charla sobre conciliación
Descontos e outras vantaxes
As socias benefícianse de descontos en varios comercios

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará