Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Jesús Cameselle Ben amosa os seus cadros hiperrealistas na Casa da Torre

RR_Noticias

A mostra baixo o título “Entreter á soidade” inaugúrase este sábado ás 19:30 horas na sala de exposición do albergue de peregrinos e poderá visitarse ata o vindeiro 20 de abril en horario de 13:00 a 22:00 horas de luns a domingo.

O pintor redondelán expón unha completa recompilación da súa obra na Casa da Torre, lugar no que xa expuxo en ocasións anteriores pero a onde achega nesta ocasión un estilo que ata o de agora non tiña amosado: o hiperrealismo. Unhas latas de refresco reproducidas con tanta fidelidade como podería facelo unha fotografía ou unhas mans onde o detalle levan ao pintor a non esquecer nin os poros da pel, son tan só algunhas das propostas que nos deixa Suso Ben nesta recompilación de cadros onde non faltan as referencias a Redondela. De feito, é precisamente un cadro que reproduce ao detalle a rúa Alfonso XII de mediados dos anos 90 a preferida polo autor, aínda recoñecendo que non é a mellor das obras expostas.  

Suso Ben pintor
Técnica hiperrealista
Alfonso XII no anos 90
Unha imaxe desta rúa é das preferidas polo autor

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará