Hoxe é Venres 4 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O comercio local reparte sobres no Día do pai

RR_Noticias

“A ninguén lle amarga un sobre” é o nome da campaña que o comercio de Redondela vai desenvolver ata finais de mes e que consistirá no reparto de máis dun milleiro de sobres desconto entre a potencial clientela do comercio local.

Baixo o nome “a ninguén lle amarga un sobre”, e non sabemos se aproveitando a notoriedade dos famosos “sobresoldos” que nas últimas semanas está a sacudir a actualidade política, a asociación de empresarios pon en marcha unha campaña co gallo do Día do pai.
Así, máis dun millar de sobres de descontos serán distribuídos nas caixas de correo da potencial clientela do comercio da localidade con importantes descontos, ofertas e promocións. Os clientes poderán beneficiarse de ditas ofertas presentando nos comercios as tarxetas que reciban nos seus domicilios.
Cada cliente poderá analizar con tranquilidade no seu domicilio todas estas vantaxes e descontos que moitos dos comercios de Redondela queren ofrecerlle con motivo da celebración do Día do Pai. Todas as promocións estarán vixentes ata o 31 de marzo.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará