Hoxe é Martes 8 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Xunta anuncia un programa de actividades para San Simón

RR_Noticias

A primeira das actividades previstas vaise desenvolver na Illa entre os días 20 e 23 de marzo e consiste nun congreso de acceso reservado baixo o nome “A cultura do poder”. O anuncio chega logo das voces críticas coa falta de programación dende que se anunciara a desaparición da Fundación Illa de San Simón cuxa creación no ano 2007 buscaba precisamente desenvolver actividades culturais e educativas así como conservar e xestionar as instalacións.

Desde el departamento de Cultura da Xunta anuncian que en breve presentará unha ampla programación para a Illa que inclúe congresos, cursos, xornadas, seminarios, festivais e concertos. Programa que se vai desenvolver durante o 2013.
Polo de agora tan só se sabe que entre os días 20 e 23 de marzo este espazo acollerá un congreso internacional baixo o título “A cultura do poder: a propaganda nos estados autoritarios” orientado a docentes e científicos procedentes de diferentes países quen analizarán o papel da propaganda nos estados totalitarios.
O anuncio destas actividades, cuxo programa completo teñen previsto anunciar nos vindeiros días, chega logo das críticas do PSOE de Redondela, quen cualifica a situación da illa de “abandono” logo de que o pasado mes de decembro desaparecese a Fundación encargada de dar contido e dotar de actividades este espazo.
Un espazo que sufría un novo revés esta mesma semana cando o Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (Igadi) e do Fondo Galego de Cooperación abandonaban a sede que ocupaban na Illa “deixando sen ningunha actividade un emprazamento único e moi importante para Redondela”
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará