Hoxe é Luns 9 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela tamén tivo o seu 23-F

RR_Noticias

Unhas trescentas persoas desafiaron ao frío o pasado sábado e saíron á rúa a manifestar o seu descontento cos recortes e a corrupción convocados pola Plataforma Cidadá. A concentración tivo lugar na praza da Constitución e ao longo dunha hora ademais do manifesto elaborado pola Plataforma puidose escoitar a voz dalgúns espontáneos que criticaron abertamente a política de recortes que afecta a sectores básicos da sociedade así como a corrupción que está a marcar a actualidade nos últimos tempos.

Redondela foi tan só un dos numerosos concellos que se sumaron á “marea cidadá” que tomou as rúas o pasado sábado para berrar contra a corrupción e os recortes así como en defensa dos servizos públicos. A data elixida por ducias de colectivos, liderados no noso concello pola Plataforma Cidadá, foi o 23 de febreiro coincidindo co aniversario do golpe de estado de Tejero. Unha data elixida non de xeito casual, xa que ao entender dos convocantes era esta unha manifestación para clamar pola “democracia, a liberdade e os dereitos sociais e en contra do golpe de estado financeiro”. A praza da Constitución foi o lugar elixido no noso municipio por unhas 300 persoas para se concentrar convocados pola Plataforma Cidadá. Unha protesta na que se puideron escoitar berros xa habituais neste tipo de mobilizacións como “non é unha crise, é unha estafa” ou “pobo que non loita ninguén o escoita”. Ao longo da protesta leuse un manifesto en contra dos recortes dos últimos tempos con referencias ás “brutais políticas de axuste e á corrupción que está a causar a maior crise dos últimos tempos”. Ademais do texto asinado polos convocantes, houbo tamén outras intervencións demandando cambios no actual sistema bipartidista, con críticas aos grandes partidos e non faltaron tampouco referencias aos banqueiros e a patronal. Unha mobilización que en Redondela congregaba a ducias de persoas e que en Vigo foi multitudinaria cunha marcha que transcorreu dende a Praza de España á Porta do Sol e na que os participantes centraron as súas críticas na banca e no goberno de Mariano Rajoy.

Manifesto
Críticas ao mercado financeiro e aos recortes
Golpe de estado
A data do 23F non foi casual
Berros de protesta
Os manifestantes corearon diversos lemas
Críticas aos partidos
Un dos manifestantes falou da falta de democracia nos paridos políticos
Críticas aos banqueiros
O poder financeiro foi tamén criticado

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará