Hoxe é Luns 14 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Club de Remo Chapela acada cinco podios na regata de bateis disputada en augas de Tirán

RR_Noticias

 
Unha fermosa xornada a vivida onte nos peiraos de O Con en Tirán-Moaña coa segunda proba do calendario de bateis, cun mar en magníficas condicións, aínda que con baixas temperaturas. O C.R. Chapela foi un dos grandes protagonistas ao acadar a primeira praza en Promesa e Xuvenil Feminino, a segunda en Xuvenil e Absoluto Masculino e a terceira en Infantil Masculino.

Nas categorías femininas vitoria de Chapela en promesas con apenas un barco por diante de Vilaxoán en apertada e pechada competencia. Tamén as xuvenís de Chapela se fixeron coa regata con autoridade. Amegrove, vencedor o sábado anterior, foi segundo pero moi lonxe das vencedoras. E na categoría absoluta as atletas de Samertolaméu repetiron triunfo a pesar da resistencia de Tirán, que entrou en segunda posición igual que en Vilaxoán hai oito días. Nas categorías masculinas Mecos foi o gran triunfador en infantís. En cadetes triunfo tamén de Mecos. Na categoría de xuvenís gañou Amegrove con excelente rendemento, seguido de Chapela, vencedor na outra manga. E na categoría absoluta, na que participaron 18 bateis, quedando fóra por descoidos e chegar tarde á liña de saída dous deles, tivo un gran campión en Samertolaméu.
Promesa feminino: 1. Chapela, 5.42:25; 2. Vilaxoán, 5.45:99; 3. Samertolaméu, 6.06:54. Xuvenil feminino: 1. Chapela, 11.59:69; 2. Amegrove, 12.14:69; 3. Mecos, 12.21:05. Absoluto feminino: 1. Samertolaméu, 10.45:75; 2. Tirán, 10.53:84; 3. Bueu, 11.12:21. Infantil masculino: 1. Mecos, 5.28:71; 2. Bueu, 5.37:20; 3. Chapela, 5.37:95. Cadete masculino: 1. Mecos, 7.40:06; 2. Tirán, 7.46:80; 3. Robaleira, 8.10:39. Xuvenil masculino: 1. Amegrove, 10.13:92; 2. Chapela, 10.15:67; 3. Mecos, 10.26:05. Absoluto masculino: 1. Samertolaméu, 9.28:32; 2. Chapela, 9.31:15; 3. Moaña, 9.40:25.
A próxima fin de semana, o 2 e 3 de marzo será o C.R. Chapela o que organice as citas co remo. O sábado día 2 coa “Bandeira do Porvir” e o domingo día 3 co “Memorial Paco Fenosa”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará