Hoxe é Luns 9 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O estres e os seus remedios, a debate na Casa da Cultura

RR_Noticias

A Asociación cultural de estudos filosóficos e antropolóxicos organiza hoxe luns na Casa da Cultura unha charla na que se analizarán as causas do estrés así como os métodos de evitalo ou aló menos atenualo. Unha conferencia aberta ao público ás 21:00 horas a cargo de Marcos Vila.

O conferenciante explica que se pode aprender a controlar o estres e incluso facelo desaparecer das nosas vidas “porque é máis unha actitude persoal que unha situación real”. Asegura que a “maior parte das veces o estres responde a que se lle da importancia a cousas que non a teñen” polo que é unha patoloxía que se pode aprender a xestionar. A actividade terá lugar ás 21:00 horas na Casa da Cultura. Un local que ao longo dun mes e de xeito consecutivo acollerá todos os luns novas charlas nas que se abordarán temas como a depresión, a alimentación con transxénicos ou as relación humanas.  

Marcos Vila
O conferenciante analizará as causas e as solucións para o estrés

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará