Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O 40% dos participantes no Plan de Emprego de Redondela atopará un traballo

RR_Noticias

A Conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, visitou hoxe esta iniciativa coa que se pretende acadar unha taxa de inserción do 40%, tanto a través do emprendemento como por conta allea. Así mesmo, a Conselleira reiterou o compromiso do seu departamento para a posta en marcha dunha escola infantil pública para o ano 2014 dotada con 61 prazas.

Un total de 60 traballadores e traballadoras do concello en situación de desemprego participan no Programa Integrado para o Emprego que lles dará unha oportunidade para mellorar a súa empregabilidade e acadar a inserción laboral. Unha iniciativa que recibiu hoxe a visita da Conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato quen trasladou a súa confianza en que o 40% dos participantes poidan atopar un traballo ao rematar o programa. O Plan de Emprego, dotado cun orzamento de 81.000 euros e orientado especialmente a colectivos especiais pola súa dificultade á hora de conseguir un posto de traballo, pretende crear un itinerario integral de inserción combinando accións como a información, a orientación, o asesoramento, a formación, a práctica laboral ou a intermediación coas empresas. No caso concreto de Redondela os seus usuarios son 15 menores de 30 anos, 15  mulleres, 10 persoas desempregadas de longa duración e 10 traballadores afectados por un ERE que actualmente están a desenvolver accións formativas especializadas en eidos como carretilleiro, operador de loxística, técnico de traballos verticais, tecnoloxías de fabricación básicas, ou caixeiro-repoñedor, entre outras. Simultaneamente téñense establecido contactos con empresas cara á realización de prácticas laborais e na procura do obxectivo final da inserción. Unha actividade que se está a desenvolver a a través deste II Plan froito da colaboración entre o Concello e a Consellería, unha colaboración que agradecía o alcalde, Javier Bas. Doutra banda, Beatriz Mato reiterou o compromiso da Consellería para colaborar co concello na posta en marcha dunha escola infantil pública para o ano 2014 de 61 prazas. Nese sentido estase a traballar agora na procura dos terreos nos que ubicar o centro.  

Beatriz Mato Conselleira de Traballo
O 40% dos 60 participantes atoparán un traballo
Parados de difícil inserción
Ese é o perfil dos usuarios do plan
Escola infantil
A Conselleira comprometeu a súa construcción para o 2014
Javier Bas alcalde
O rexedor agradeceu a colaboración doutras administracións

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará