Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PSOE redondelán pide a reforma da rotonda da PO-250 en Reboreda para evitar accidentes

RR_Noticias

O grupo socialista redondelán celebra esta tarde unha xuntanza aberta coas asociacións culturais e veciñais da parroquia de Reboreda para recoller as súas demandas. Unha dos problemas que se vai poñer enriba da mesa é o deseño da rotonda situada na estrada autonómica PO-250, debaixo do viaduto do AVE, onde xa se teñen rexistrado varios accidentes.

A reunión será esta tarde, ás 20.30 horas no Centro Cultural de Reboreda, e está aberta á participación de todos os veciños que estean interesados. Desde xeito o PSOE redondelán segue coa ronda de contactos que veñen mantendo coas diferentes asociacións culturais e veciñais do municipio de Redondela ó longo dos últimos meses. Unhas xuntanzas nas que e denominador común das queixas veciñais nas distintas parroquias é a falta de mantemento. Reguera lamenta que o goberno local non conte cunha partida orzamentaria destinada de maneira específica para manter en bo estado as infraestruturas das parroquias, e que debería ascender a uns 300.000 euros anuais. Noutras parroquias, como a de Cesantes, os problemas de seguridade viaria son tamén motivo de demandas por parte do grupo socialista. Neste caso reclaman a construción dunha rotonda na estrada N-550 para acceder á zona do Murallón, e que permita aos condutores facer un cambio de sentido, manobra que actualmente resulta moi perigosa para os vehículos. O que xa instalou o Ministerio de Fomento na estrada nacional é un semáforo no centro urbano de Cesantes, para que os peóns poidan cruzar o vial sen riscos. O semáforo aínda non entrou en funcionamento á espera de que se realice a sinalización horizontal.  

Eduardo Reguera edil do PSOE
Os socialistas celebran unha xuntanza en Reboreda onde exporán a situación de risco de accidentes que supón a rotonda da PO-250.
Falta de mantemento nas parroquias
O grupo municipal do PSdG lamenta que o goberno local non conte cun orzamento específico para o mantemento das parroquias.
Seguridade vial en Cesantes
O PSdG propón a construción dunha rotonda no acceso ó Murallón.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará