Hoxe é Luns 14 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Radio Redondela e o Servizo de Normalización Lingüística promoven unha homenaxe a Rosalía

RR_Noticias

Este mes conmemórase o aniversario do seu nacemento, o 24 de febreiro, e tamén os 150 anos da publicación de Cantares Gallegos. Con este motivo organízase unha lectura pública de textos de Rosalía de Castro ao longo desta semana, de 12.30 a 13.30 horas na Radio Municipal.

Todos os que o desexen poden achegarse ás instalacións de Radio Redondela, na Casa da Cultura, praza de Figueroa, e facer unha gravación con textos desta insigne escritora galega. Poden ser poemas de Cantares Gallegos ou doutro poemario de Rosalía, ou fragmentos de obras en prosa. As gravacións serán emitidas o venres 22 e o luns 25 de febreiro. Esta iniciativa segue o ronsel marcado pola AELG (Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega ) e a Asociación de Gaiteiros Galegos para conmemorar esta efeméride por todo o país. O 24 de febreiro está recollido oficialmente como Día de Rosalía de Castro pola Consellería de Cultura e Educación no seu Calendario do Libro e da Lectura. A AELG anima á cidadanía a agasallar un libro en galego e unha flor no día do nacemento de Rosalía de Castro. Este ano ten unha especial relevancia ao se cumpriren 150 da publicación de Cantares Gallegos, o primeiro libro íntegro monolingüe do renacemento da nosa literatura culta. Con este motivo, os actos tentarán proxectar a figura e obra rosaliana. Institucións como o Museo do Marco, en Vigo, librerías, bibliotecas e centros de ensino de toda Galicia organizan actividades e lecturas públicas como homenaxe, ó que se suman tamén Radio Redondela e o Servizo de Normalización Lingüística do Concello.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará