Hoxe é Martes 8 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Goberno inviste 166.000 euros na mellora do paseo litoral de Arcade que o une coa ponte antiga

RR_Noticias

O proxecto de ampliación da senda peonil permite a conexión directa e ininterrompida da marxe esquerda do río Verdugo co porto de Arcade, evitando o percorrido alternativo de preto dun quilómetro que tiña varias interferencias co tráfico de vehículos.

O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, a través do Servizo de Costas do Estado, investiu un total de 166.000 euros na mellora do paseo litoral de Arcade, en Soutomaior. O delegado do Goberno, Samuel Juárez, e o alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, entre outras autoridades, visitaron este venres a zona, sobre a cal o propio Juárez destacou que permitirá dispor de “un espazo máis amplo e continuado de costa para o uso público”. Con esta obra a zona litoral de Arcade conta con 800 metros máis e complétase o itinerario que permite un paseo de máis de 1.500 metros. Os traballos comezaron o pasado novembro e supuxeron un investimento total de 166.000 euros. As principais actuacións consistiron na recolocación do dique que contén a senda peonil así como a continuidade dese camiño baixo a ponte da estrada N-550.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará