Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A comparsa de Matamá, sobre Alicia no País das Marabillas, gaña no desfile redondelán

RR_Noticias

Nesta ocasión a chuvia non puido coa celebración do concurso de comparsas de Redondela, que onte domingo percorreron as rúas de Redondela, despois de que o pasado día 10 se suspendera por mor do temporal. O grupo Licor Café quedou en segundo lugar e Comparsita de Chapela foron terceiros.

As choivas que de xeito intermitente se sucederon onte ameazaron volveron ameazar unha semana despois o concurso de comparsas de Redondela. Pero nesta ocasión si houbo finalmente desfile, aínda que cun percorrido máis reducido que foi seguido por numeroso público. Unha ducia de comparsas participaron na xornada logo de se reunir cos responsables municipais para decidir a celebración do desfile. O primeiro premio no concurso, dotado con 900 euros, foi para Atlántida de Matamá, cuns disfraces inspirados no conto de “Alicia no país das marabillas”. En segunda posición quedou o grupo Licor Café cun animado cabaré, que levou 600 euros de premio, e a Comparsita de Chapela, que desfilou ó máis puro estilo británico fíxose co terceiro premio, que ascende a 300 euros.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará