Hoxe é Martes 8 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG redondelán pide que non se renove a autorización ambiental de Aucosa

RR_Noticias

A agrupación local vén de presentar alegacións contra a solicitude de renovación da autorización ambiental integrada para a planta de elaboración de fariñas e aceites de peixe situada en Punta Chapelisa, que foi publicada no DOG do 4 de Xaneiro.

Os nacionalistas alegan en contra da renovación da autorización que a empresa desenvolve a súa actividade nunhas instalacións que se atopan dentro da proposta de Rede Natura 2000, como LIC denominado Enseada de San Simón, zona que debería de gozar dunha especial protección ambiental. Consideran que non é preciso que manteña a súa localización na franxa costeira xa que o transporte das materias primas como do produto elaborado non se realiza por vía marítima polo que a directiva da empresa debería buscar outra ubicación. O BNG tamén argumenta que de levarse a cabo unha ampliación das instalacións e producirse un accidente as consecuencias serían moi negativas para a ría de Vigo. A formación política asegura que esta é unha demanda social e porén piden que se arquive a solicitude de Auxiliar Conservera, e non se lle renove a autorización ambiental integrada.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará