Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Máis dun cento de árbores para o Monte do Espiño

RR_Noticias

A Comunidade de Montes Veciñais en Man Común e a Asociación Cultural Santa María do Viso celebran este sábado o Día da Árbore coa plantación de máis dun cento de frondosas no Monte do Espiño, no barrio da Nogueira. Con tal motivo convidan a veciños da parroquia e doutros lugares a participar nesta actividade na que plantarán carballos, bidueiros, amieiros e castiñeiros. Unha fermosa experiencia para adultos e nenos coa que poñer en valor o monte e o seu patrimonio.

A actividade comezará ás 10.00 horas, e logo da experiencia dos últimos anos agardan que sexan moitos os que se acheguen ó monte para colaborar nesta plantación. Xosé Covelo, da Asociación Cultural Santa María do Viso, explica que é unha excelente oportunidade para que os nenos “participen nunha actividade de conservación do medio ambiente” e que aprendan a distinguir as diferentes árbores e a técnica para plantalas. Covelo subliña a importancia deste tipo de iniciativas para poñer en valor o monte comunal e a súa riqueza, ao tempo que lembra ós veciños non só o seu dereito a gozar del, senón tamén a obriga de conservalo como un importante patrimonio. Nesta edición elixiron para repoboar a carballeira do Monte do Espiño, sita riba do barrio da Nogueira, a onde se accede dende o Alto do Viso en dirección Moreira. Unha zona de especial valor natural xa que se trata dunha valgada, unha zona que permite reter a auga do monte e que no caso de producirse un incendio “corta” o avance do lume. A actividade conta coa colaboración das empresas “Silvareira Servizos Agroforestais”, “Maquinaria Agrícola Carpintero” e a “Cooperativa Trespés”. Os que desexen participar deberán levar o seu legón ou sacho e luvas.    

Xosé Covelo A.C. Santa María do Viso
A organización salienta que é unha boa oportunidade para que os nenos participen nunha actividade de conservación do medio ambiente.
Monte do Espiño
A zona elexida este ano é unha valgada de gran valor natural.
Poñer en valor o monte comunal
Covelo salienta a importancia de poñer en valor o monte comunal e implicar ós veciños na súa conservación.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará