Hoxe é Luns 9 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Deputadas de PsdG e BNG reclamarán no parlamento a paralización da ampliación da AP-9

RR_Noticias

Representantes das dúas formacións reuníronse coa Plataforma de Afectados pola ampliación da AP-9 e visitaron a zona. O venres foi a deputada socialista Patricia Vilán e o sábado as nacionalistas Carme Adán e Olaia Fernández Davila. O PSOE fará unha chamada de atención no eido medioambiental, por estar as obras da ponte dentro dunha zona Rede Natura. Os Bloque pedirá ao Goberno que explique os motivos que xustifican a ampliación da autoestrada.

O pasado venres o goberno de Rajoy deu luz verde ao convenio con Audasa, empresa concesionaria da AP-9, onde se recolle a ampliación da ponte AP-9 ao seu paso por Chapela. Unha ampliación que conta co rexeitamento de toda a corporación redondelá e os colectivos sociais e veciñais da zona. Para reflectir a súa oposición está convocada unha manifestación para o próximo 2 de marzo. Como xa fixeran representantes de AGE, a pasada fin de semana os grupos da oposición no parlamento galego PSOE e BNG, visitaron tamén Chapela para coñecer de primeira man as afeccións que suporá a ampliación da autoestrada e os prexuízos para a parroquia. O grupo parlamentario do PSdeG-PSOE preguntará á Xunta polos posibles efectos ambientais das obras na ponte de Rande, xa se sitúa na área natural protexida pola UE da Enseada de San Simón. Así o avanzou o venres a deputada socialista Patricia Vilán durante unha reunión a pé de autoestrada coa Plataforma de Afectados pola Ampliación da AP-9. Mentres desde o BNG pedirán ao Goberno que explique os motivos que xustifican a ampliación da AP-9. Carme Adán, Olaia Fernández e Cecilia Pérez Orge, estiveron o sábado con afectados pola ampliación da AP-9. Tal e como lles explicaron os membros da plataforma, a parroquia de Chapela “resultará moi afectada porque nesa zona están o colexio, o instituto, o centro de saúde”, deste xeito, as obras, tal e como explica Fernández Davila, “van xerar inseguridade viaria e tamén nas vivendas que quedarán a rente da autopista”. O BNG quere que o Goberno explique as razóns desta ampliación e por que ten que continuar dende o quilómetro 150 até a saída de Vigo xa que, tal e como insiste a deputada no Congreso, “neste tramo non hai saída ningunha e só vai xerar un caos circulatorio, é un proxecto que non ten sentido. Olaia Fernández Davila e Carme Adán enfatizaron que “ten que haber alternativas á ampliación da ponte de Rande, alternativas que pasarían pola A-57. Por outra banda o Congreso debaterá mañá unha proposición do BNG sobre as peaxes e descontos da AP-9  

Deputada socialista Patricia Vilán
A deputada comprometeuse a comprobar se o proxecto cumpre os requisitos ambientais.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará