Hoxe é Martes 8 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os Afectados polas Preferentes levan as protestas á Subdelegación do Goberno en Pontevedra

RR_Noticias

A Plataforma de Afectados por Preferentes e Subordinadas de Redondela e Comarca continúa co seu calendario de mobilizacións. Esta tarde manifestaranse na capital da provincia, de 17.00 a 19.00 horas, diante da sede da Subdelegación do Goberno, ao entender que é o Executivo de Mariano Rajoy o que ten “a chave” para solucionar o seu problema.

As concentracións en Pontevedra repetiranse todos os xoves no mesmo horario. Deste xeito queren reclamar unha vez máis a devolución íntegra dos seus aforros diante dos que consideran os actuais responsables de Novagalicia Banco, que unha vez nacionalizada é propiedade do FROB ao 100%. Tamén continuarán coas concentracións en Redondela todos os martes e venres, en horario de 10.00 a 12.00 horas diante do Concello. Froito destas concentracións e por mediación do alcalde de Redondela, Javier Bas, este venres día 8, ás 13.00 horas, manterán unha xuntanza coa deputada Irene Garrido no Concello de Redondela, á que transmitirán as súas “propostas de solución”. Por este motivo convocan as todos os afectados da comarca a asistir a estas concentracións.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará