Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Asociación Andaina recibe 3.000 euros da obra social de La Caixa

RR_Noticias

Esta doazón permitiralle á asociación, que traballa con nenos con necesidades especiais, dar continuidade ao programa de actividades que está a desenvolver en Redondela e na súa contorna. Neste momento traballan con dous obradoiros de Habilidades Sociais, un aula de Musicoterapia e un programa de Reforzo Educativo.

A obra Social La Caixa, a través da súa oficina de Redondela, fixo entrega a Asociación Andaina, dunha doazón de 3000€ dos que se beneficiarán as máis de trinta familias coas que traballa o colectivo. Este importe garante retomar as actividades que a finais de ano corrían perigo de desaparecer pola falta de subvencións públicas. Os programas que leva a cabo Andaina, cobren necesidades deste colectivo e complementan o desenvolvemento terapéutico e educativo dos nenos. Neste momento estase a traballar con dous obradoiros de Habilidades sociais, un aula de Musicoterapia e un programa de Reforzo educativo. Actividades que teñen como obxectivo apoiar aos máis desfavorecidos ofrecendo medios para conseguir a súa total integración e igualdade. Un labor que lle valeu a Andaina ser recoñecida, nos seus dous primeiros anos de vida, como un referente na atención específica á infancia na comarca de Redondela.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará