Hoxe é Venres 4 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Afectados pola AP-9 agardan un apoio “real” do Concello e a convocatoria de mobilizacións masivas

RR_Noticias

Todos os partidos políticos da corporación asinaron xa un manifesto en contra da ampliación da autoestrada ao seu paso por Chapela. Nun pleno extraordinario que se celebrará o próximo luns votarase unha moción para deixar patente o apoio do Concello aos afectados. Agora os veciños esixen que se pase “das palabras aos feitos” e que tanto o goberno local como o resto de grupos e colectivos veciñais e sociais se mobilicen xuntos contra o proxecto do Ministerio de Fomento.

A ampliación de carrís na autoestrada afectaría directamente a 14 vivendas, un colexio e 3.500 metros cadrados de terreos privados, ademais de incrementar a contaminación ambiental e acústica que xa sofren os veciños da parroquia. Rafael Baltasar Cela, presidente dos afectados, lembra que desde hai meses agardan que os reciba a ministra de Fomento. Ana Pastor, tanto durante a campaña electoral en novembro de 2011, como despois de ser nomeada ministra, manifestou o seu rexeitamento á ampliación da autoestrada, pero hai unhas semanas sorprendeu á plataforma anunciando un acordo con Audasa, concesionaria da autoestrada, no que se incluía entre outros proxectos esa ampliación. Ademais de rexeitar a ampliación tamén solicitan “contrapartidas” para Chapela e Redondela, como a supresión da peaxe de Rande, para compensar ós veciños que levan décadas castigados por infraestruturas como a autoestrada, a estrada nacional, a estrada autonómica e o ferrocarril. Sinalan ademais que o tramo da AP-9 entre Vigo e Rande debería considerarse “un tramo urbano”, como unha circunvalación da cidade olívica “libre de peaxe”. A Plataforma tamén solicita ao Concello de Redondela a realización de todas as accións legais posibles para evitar a ampliación da AP-9 ao seu paso polo municipio.    

Rafael Baltasar Cela presidente
Agardan que os grupos da corporación e as asociacións se unan nunha manifestación conxunta.
Reunión con Ana Pastor
Os afectados levan meses agardando unha xuntanza coa ministra.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará