Hoxe é Domingo 6 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

EU solicita unha comisión de investigación por un vertido de residuos na parroquia de Reboreda

RR_Noticias

A agrupación comarcal de Esquerda Unida denuncia que se produciu un novo vertido de residuos na parroquia de Reboreda por parte do Concello, logo dunhas obras de limpeza e mantemento dos viais por parte da concellería de Vías e Obras. Denuncian que o propio goberno local incumpre a normativa municipal e solicitan a posta en marcha dunha comisión de investigación.

Lembran desde EU que a propia normativa do Concello establece que a limpeza da rede viaria e de espazos públicos e a recollida dos residuos “será realizada directamente polos servizos municipais ou, se é o caso, a través das empresas xestoras ou prestadoras do servizo”. No artigo dous especifica que os residuos procedentes da limpeza “depositaranse en recipientes normalizados e queda prohibido o seu amoreamento ou depósito ao aire libre ou utilizando outros recipientes ou medios non autorizados”. Este mesmo regulamento no seu artigo 33 cualifica este feitos como “moi graves”, cunha multa económica de entre 1.501 e 3.000 €. Dende Esquerda Unida esixen unha comisión de investigación que aclare se o Concello contaba con permiso do propietario do terreo para facer ese acopio, e se solicitou os pertinentes permisos a Medio Ambiente para facelo. Tamén preguntan se o Concello de Redondela conta cun Plan de Xestión de Residuos.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará