Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Partidos políticos, asociacións veciñais e culturais únense contra a ampliación da AP-9

RR_Noticias

O Consello parroquial de Chapela decidiu por unanimidade rexeitar a ampliación de carrís da autoestrada polo “grave prexuízo” que suporía para a parroquia. Todos os partidos políticos da corporación apoiarán nun pleno que se convoque “a toda a cidadanía” a unha gran mobilización en contra do proxecto do Ministerio de Fomento.

Para Miguel Ángel Álvarez, concelleiro de Medio Ambiente e presidente do Consello Parroquial de Chapela a situación é clara: “neste asunto non hai cores políticas, e todos estamos en contra da ampliación da autoestrada”. Logo da xuntanza do organismo parroquial celebrada o pasado luns, Álvarez amósase satisfeito porque todos os grupos políticos “antepoñen os intereses dos veciños” e xuntos defenden “os intereses de Chapela e Redondela”. Todos os grupos con representación municipal (PP, PSOE, BNG e AER) acordaron levar ó pleno da corporación a proposta da Asociación de Afectados pola AP-9 e convocarán conxuntamente aos veciños a unha gran manifestación para expresar o seu rexeitamento á ampliación da autoestrada AP-9 ao seu paso por Chapela. Nos próximos días os voceiros dos distintos partidos manterán unha xuntanza para decidir se o asunto se debate nun pleno extraordinario ou agardan á sesión ordinaria, a finais de xaneiro. A declaración conxunta asinada polos grupos da corporación que rexeita a ampliación foi tamén apoiada polo resto de colectivos que forman parte do Consello Parroquial. Álvarez Ballesteros sinala que tamén solicitan “contrapartidas” para Chapela e Redondela, como a supresión da peaxe de Rande, para compensar ós veciños que levan décadas castigados por infraestruturas como a autoestrada, a estrada nacional, a estrada autonómica e o ferrocarril. O edil sinala ademais que o tramo da AP-9 entre Vigo e Rande debería considerarse “un tramo urbano”, como unha circunvalación da cidade olívica “libre de peaxe”. O Consello Parroquial acordou tamén solicitar óo Concello de Redondela a realización de todas as accións legais posibles para evitar a ampliación da AP-9 ao seu paso polo municipio.  

Miguel Ángel Álvarez presidente do Consello Parroquial
Álvarez amósase satisfeito de que todos os grupos políticos estean unidos en contra da ampliación e anuncia unha gran mobilización.
Gratuidade da peaxe de Rande
O Consello Parroquial esixe a Fomento contrapartidas para compensar ós veciños polos prexuízos que lles causa a autoestrada.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará