Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Servizo de Normalización Lingüística anima ós veciños a solicitar cursos de lingua galega

RR_Noticias

A Secretaría Xeral de Política Lingüística vén de publicar a convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios para as probas dos niveis CELGA 1, CELGA 2, CELGA 3 e CELGA 4, para particulares e colectivos de Galicia. O prazo remata o 23 de xaneiro, e os cursos impartiranse entre marzo e maio.

Para tentar organizar algún destes cursos en Redondela, O Servizo de Normalización Lingüística do Concello anima a todas aquelas persoas interesadas que se dirixan ao SNL a través do enderezo electrónico normalizacion@redondela.info ou do teléfono 986 400300, onde poderán resolver calquera dúbida e realizar a súa inscrición. O prazo para facer as solicitudes para Redondela remata o 23 de xaneiro, e na petición deberán constar os seguintes datos: nome completo, DNI, número de teléfono de contacto, curso CELGA que desexan facer e parroquia onde residen. A celebración destes cursos en Redondela dependerá de que haxa un número suficiente de solicitudes, polo que dende o SNL anímase a toda a cidadanía que queira mellorar a súa competencia en lingua galega a que solicite esta actividade formativa. Os cursos son de acceso libre e gratuíto, e desenvolveranse entre mediados de marzo e o 30 de maio, nos horarios que mellor conveñan á maioría das persoas inscritas. Tamén existe a posibilidade de asistir a algún dos cursos de programación directa, convocados xa para Vigo e Pontevedra, para os que haberá que facer unha solicitude individual. E se algún colectivo ou asociación quere solicitar un curso para un grupo de persoas (entre 20 e 30) deberá cubrir outra solicitude. O texto íntegro da convocatoria pódese consultar na seguinte ligazón: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130107/AnuncioG0164-020113-0001_gl.pdf. Para máis información poden contactar co SNL, no primeiro andar da Casa do Concello, ou no teléfono 986 400300
 
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará