Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A selección galega feminina faise co bronce do Campionato de España Xuvenil en Chapela

RR_Noticias

O balonmán galego viviu unha xornada de festa no día de onte. As galegas impuxéronse á selección de Asturias por 20-17 no renovado pavillón municipal de Chapela. O equipo masculino galego tamén gañou a terceira praza diante de Euskadi cun marcador de 24-22 nun encontro disputado en Bueu.

Galicia rematou do mellor xeito a súa participación no Campionato de España Xuvenil de Seleccións Autonómicas con dous podios. Homes e mulleres repuxéronse á decepción do día anterior e venceron no encontro polo terceiro e cuarto posto, o que lles reporta un bronce que en ambos os casos case sabe a ouro. Os mozos, cun equipo moi novo, alcanzan o seu mellor resultado, mentres que as mozas tocan o ceo tras arrincar a competición desde a Copa de España. E fixérono con moitos esforzos, tendo en conta que tanto Euskadi no caso masculino como Asturias no feminino, puxeron as cousas moi difíciles aos locais. No caso do equipo feminino, que disputou o seu encontro no pavillón municipal de Chapela, houbo moita emoción. O partido comezou ben para as de Isma Martínez, que se manexaron en todo o primeiro tempo con mínimas rendas nun partido marcado polo control defensivo (7-9 ao descanso). Na segunda parte as asturianas saíron dispostas a todo, capitaneadas por Aida Palicio. Un parcial de 5-1 daba a volta ao marcador (12-10, minuto 41). Foi o necesario toque de atención para espertar (12-14, minuto 14). Pero as astures xa estaban no encontro e xogaban con criterio as súas opcións (17-16, minuto 23). E aí saíu a caste das galegas, que secaron ao seu rival e anotaron un parcial de 4-0 que lles deu a vitoria.
Feminino: Asturias 17-Blanco e Van Leeuwen; Palicio (8), Cortina (1), González, Badiola (1), Colunga, Álvarez (1), Fernández (1), Bermúdez, Gavela, Martínez (2), Cabanas e Aguirre (3).
Galicia 20-Alba, Sabela Otero e Sofía Otero; Senra, Anthía (3), Alonso (3), Piedrabuena, Sandra Martínez (1), Morais (3), Uxía, Cerqueira (2), Cacheda (5), Cristina Martínez (2), Piñeiro, Sow e Sanmartín (1). Marcador cada cinco minutos: 2-3; 3-5; 5-6; 5-7; 6-7; 7-9 (descanso); 9-9; 11-10; 13-14; 15-15; 17-16; 17-20.
Masculino: Galicia 24- Ledo e Veiga; Gómez, Rodríguez (1), Bouzas (3), Antón Giráldez, Borja (2), Fernández, Pedreira (4), Pablo Giráldez (1), Duarte, Quintas, Silva (7), Gayoso, Martín (5) e Pombo (1).
Euskadi 22- Vélez; Díez (5), Yerobi, Martín, Zamarreño (2), García (4), Múgica, Azpitarte, Oregi, Gómez-Ponte, Berroci (2), Segura (1), Cavero, Villegas (1) e Zubeldia (4). Marcador cada cinco minutos: 2-2; 2-4; 3-6, 6-8; 7-9; 9-12 (descanso); 14-13, 16-16; 17-17; 19-20; 21-21; 24-22.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará