Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Asociacións de Chapela e oposición esixen o arranxo do saneamento no barrio da Igrexa

RR_Noticias

Diversos colectivos da parroquia, asociacións e partidos políticos denuncian a situación nesta zona de Chapela. En concreto lamentan o estado do Camiño do Penisal, que estibo pechado ao tráfico debido a unha nova rotura na rede de saneamento con focha e anegamentos. Advirten que se non hai unha solución definitiva ó problema convocarán mobilizacións.

Asociacións como a AAVV de Chapela, Comunidade de Montes de Chapela, Asociación de Afectados pola Ampliación da AP-9, colectivos culturais como Anaquiños, Froles Mareliñas, entidades deportivas como o Chapela C.F. e Club de Remo de Chapela, así como a Dirección do IES Chapela, e os partidos políticos PSOE, BNG, AER e ANOVA denuncian que o Concello en todo o proceso non ten tomado parte”real e efectiva” para darlles unha solución. Unha problemática que afecta ós veciños desde hai dous anos e “sen data de solución” por parte do Concello. Lembran que ademais xa se produciu un accidente grave cunha alumna do IES Chapela nunha gabia aberta, que rematou cunha intervención médica de urxencia. Lamentan que hai rúas que foron parte do proxecto e que seguen sen rematar co asfaltado, como a Estrada ó Torreiro, Camiño das Ánimas, Camiño do Subido, Camiño da Formiga e Camiño do Piñeiral. A situación lévaos a reclamar “unha intervención integral na zona” e unha data e orzamento concreto “á maior brevidade posible”, de non ser así advirten que emprenderán “as accións de protesta” que consideren oportunas para denunciar o que consideran “o manifesto abandono” de Chapela, e en concreto do barrio da Igrexa.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará