Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os Reis Magos recibirán aos nenos de Redondela no Concello despois da tradicional Cabalgata

RR_Noticias

Algo máis cedo do habitual, ás 18.00 horas, sairá a comitiva real o sábado desde Vilavella para percorrer as rúas do centro da vila. Unha vez rematado o percorrido as Súas Maxestades de Oriente achegaranse ao Concello, onde serán recibidos polo alcalde, para logo saudar a todos os nenos e nenas que queiran achegarse a facerlles as súas peticións.

Esta serán algunhas das novidades da Cabalgata deste ano, segundo explicaba o concelleiro de Cultura, Alberto Pazos. O horario adiantouse con respecto a outros anos para facilitar a participación “dos máis pequenos”, e ademais os nenos terán a oportunidade “de achegarse ós Reis” e saudalos “en persoa” na Casa Consistorial. Xa o propio día de Reis, o domingo día 6, Redondela celebra a súa tradicional feira coa animación das Rondallas e Ranchos de Reis polas rúas da vila. Deste xeito rematarán unhas festas que contaron cunha ampla programación cultural, especialmente pensada para os máis pequenos, con concertos e obras de teatro infantís no Multiusos da Xunqueira. Neste auditorio actuará mañá venres o grupo Mamá Cabra, ás 12.00 horas, co seu espectáculo “Xa me tardan estes Magos”. As entradas están xa á venda no Multiusos, a un prezo de 2 euros para nenos e 4 euros para adultos.  

Alberto Pazos concelleiro de Cultura
As Súas Maxestades manterán un encontro cos nenos de Redondela no Concello.
Ranchos de Reis
O domingo día 6 Redondela celebra a súa tradicional feira coas Rondallas e os Ranchos de Reis.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará