Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Camiño do Penisal volve pecharse ao tráfico pola rotura da rede de saneamento

RR_Noticias

As fortes chuvias do pasado luns fixeron rebentar as tubaxes, o que provocou unha gran focha no medio da rúa e o desbordamento de augas fecais. Está previsto que os traballos de reparación rematen nas próximas horas e a rúa poida reabrirse mañá venres.

O tramo central do Camiño do Penisal, no barrio de Igrexa de Chapela, permanece pechado ao tráfico desde o pasado luns debido a unha nova rotura na rede de saneamento. A avaría produciuse debido ás fortes choivas da última xornada, que provocaron a tubaxe rebentase pola presión, causando unha focha no centro da rúa. Debido á rotura as augas residuais alagaron propiedades particulares e alcanzaron un regato situado xunto ao viario. Varios operarios traballan na reparación do tramo afectado e o tráfico na rúa restablecerase o vindeiro venres se non se produce ningún contratempo.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará