Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os afectados polas preferentes despiden o ano con protestas

RR_Noticias

Este luns trasladarán as súas protestas á sucursal de Arcade entre as 10.00 e 12.00 da mañá. O xoves, 3 de xaneiro, concentraranse novamente nas inmediacións de NGB no concello de Soutomaior e o venres levarán as súas demandas de devolución íntegra do investido á sucursal de Cesantes no mesmo horario.

A Plataforma de Afectados polas Preferentes e Subordinadas de Redondela e Soutomaior continúa co seu calendario de protestas que hoxe os levará até Soutomaior para demandar a devolución dos cartos que investiron neste produto financeiro e pedir a mediación das forzas políticas para que fagan presión no novo ano.
Unha petición que os afectados xa lle trasladaban ao alcalde de Redondela, Javier Bas, na xuntanza que mantiveron a pasada semana e na que a Plataforma instou ao rexedor local a que interceda por eles ante o goberno da Xunta e o executivo central, tal e como se acordou no pleno da corporación de Redondela.
Onte as protestas chegaron até a Catedral de Santiago onde un grupo de afectados esixiu ás portas do templo a devolución íntegra dos seus aforros coincidindo coa tradicional cerimonia de Translación dos restos do Apóstolo, un ritual que reuniu ao Goberno galego ao completo, entre eles o Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, o delegado do Goberno en Galicia, Samuel Juárez, e á presidenta do Parlamento, Pilar Rojo.
Este 31 de xaneiro algúns afectados de Cangas, Moaña, Gondomar e o Rosal comerán as uvas nos caixeiros automáticos da entidade, onde levan pechados máis de tres semanas, como chamamento e denuncia pública “da estafa das subordinadas e preferentes” que afecta a miles de veciños e veciñas de toda Galicia.
Hoxe a Plataforma de Afectados polas Preferentes e Subordinadas de Redondela e Soutomaior convoca protestas a partir das 10.00 da mañá en Arcade, a onde volverán o xoves e pecharán a primeira semana do ano en Cesantes ás portas da sucursal que ten NGB na parroquia.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará