Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Consternación en Cesantes pola morte de Isaac Barciela

RR_Noticias

O cativo, de nove anos, que falecía nun accidente de esquí na estación invernal de San Isidro en León era un dos integrantes do grupo de baile “Airiños de San Simón”. Esta luns, ás sete da tarde, oficiaranse na igrexa de San Cristóbal de Candeán unha misa e posteriormente será soterrado no cemiterio da parroquia viguesa.

Familiares e amigos recibiron onte á noite no tanatorio Vigomemorial a Isaac Barciela Pérez, o neno de 9 anos que perdeu a vida nun accidente de esquí este sábado mentres estaba de vacacións na estación de San Isidro cuns familiares. O cativo perdeu o control nunha curva e saíuse da pista cara unhas rochas, onde case non había neve, e por onde se precipitou.
A tía do neno, que o acompañaba no momento do accidente, asegura que “non ían por unha zona prohibida” e nega que “fose unha zona perigosa, xa que o neno fixera a ruta cun monitor anteriormente”. Din que “non houbo imprudencia e que se tratou dun accidente”. Mentres esquiaban Isaac perdeu o control e saíuse da pista cara unha zona rochosa nunha curva sen valado e sen medidas de protección.
Por mor da caída o neno presentaba un forte traumatismo torácico e varios golpes na cara. Malia que levaba posto un casco protector o impacto fixo que se desprendese. Durante máis de 40 minutos os servizos sanitarios tentaron reanimar ao pequeno sen éxito e o electrograma que lle fixeron no helicóptero do 112 confirmou a súa defunción.
Unha morte que causou gran conmoción na parroquia de Cesantes xa que Isaac era un dos membros do grupo de baile “Airiños de San Simón” do Círculo Cultural Deportivo da parroquia. As sete da tarde deste luns oficiarase na igrexa de San Cristóbal de Candeán os funerais logo será soterrado no cemiterio desta parroquia viguesa.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará