Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

VI Concurso de Maquetas Millo Verde

RR_Noticias

A organización do festival redondelán abre este martes o prazo de recepción de maquetas. De todos os traballos que se presenten até o un de marzo seleccionaranse tres finalistas, dos cales se escollerá ao gañador que recibirá como premio formar parte do cartel do Millo Verde de 2013 e 300 euros.

Até o un de marzo todos os grupos ou solistas que o desexen poden participar na sexta edición do Concurso de Maquetas que organiza o festival Millo Verde. Os participantes deben ter a súa residencia en Galicia ou Portugal e non ter ningún disco editado. No caso de que autoeditasen algún traballo poden enviar unha maqueta non caso de que non teñan asinado ningún contrato discográfico.
Os grupos deberán enviar tres cancións, de calquera estilo, pero de composición propia, en formato mp3 e acompañadas dunha breve biografía. De todos os traballos seleccionaranse un mínimo de tres finalistas que participarán nunha festa concerto o 19 de abril, onde se decidirá o gañador do concurso a través dos votos dos asistentes ao evento. Os finalistas daranse a coñecer no blog milloverde.blogaliza.org e deben ter un repertorio de 40 minutos de duración como mínimo.
O gañador do concurso poderá actuar no festival Millo Verde, que se vai celebrar o 7 e 8 de xuño, como contrapartida pola súa participación recibirá 300 euros.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará