Hoxe é Venres 18 de Setembro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

480 maiores de Redondela visitan Noia e a Pobra do Caramiñal

excursión

A actividade, organizada polo Concello de Redondela, celebrouse esta semana con tres saídas que permitiron á veciñanza achegarse a estas localidades xunto cun guía que lles facilitou información cultural, histórica e natural destas vilas coruñesas. As próximas excursións do programa “Redondela descubre” serán ao Carballiño no mes de outubro.

 O Concello de Redondela celebra esta semana novas excursións para os maiores do municipio con destinos ás vilas de Noia e A Pobra do Caramiñal. Un total de 480 veciños e veciñas participan nesta iniciativa de convivencia e lecer, con tres xornadas consecutivas. Os participantes puideron desfrutar dunha completa visita guiada polo casco histórico de Noia, declarado Conxunto Histórico-Artístico así como a Pobra do Caramiñal con visita incluída á Casa Museo de Valle-Inclán.

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, destacou a importancia destas viaxes: “Os nosos maiores merecen propostas de calidade para o seu lecer e estas excursións son unha oportunidade para que desfruten, compartan momentos xuntos e descubran novos lugares de gran interese cultural e patrimonial” e amosou a súa satisfacción pola “excelente acollida” que ten sempre esta convocatoria entre a veciñanza.

O programa “Redondela descubre” ofrece este ano máis de 1.800 prazas. As viaxes realízanse en temporada baixa cun prezo reducido “para facilitar que todas as persoas que o desexen poidan participar” e contan sempre con guías oficiais.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará