Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Máis de 1.600 persoas despedirán o ano no Viso

RR_Noticias

Xa está todo listo no campo de fútbol do Cesantes para acoller unha das festas de Fin de Ano máis importantes de Redondela coa actuación da orquestra Panorama. A comisión de festas da Teixeira habilitou unha carpa climatizada con capacidade para 3.000 persoas aínda que o aforo limitarase a pouco máis de 2.000. Tamén en Saxamonde despiden o ano no Centro Cultural Chan das Pipas e a sala Disco Tasca proponnos comezar o 2013 ao ritmo da música reggae.

Malia o duro traballo, estanse cumprindo as expectativas da comisión de festas da Teixeira que esperareunir a preto de dúas mil persoas na festa que organizan para despedir o 2012. Esta mañá tiñan vendidas o 75% dos billetes, entre 1.500 e 1.600, e esperan mellorar esta cifra co despacho de billetes esta madrugada segundo afirmaba Mario dende a Comisión de Festas. Este ano decidiron organizar un evento multitudinario “cunha das mellores orquestras de Galicia”, a Panorama. Para iso instalaron unha carpa no campo de fútbol do Viso con capacidade para tres mil persoas, aínda que o aforo estará limitado a 2.300. A carpa conta con sistema de climatización, chan de madeira e dobre teito para evitar a chuvia e o frío que se agardan para esta madrugada. Os asistentes contarán con aparcamento gratuíto, prezos anticrise na barra e chocolate con churros. As portas do recinto abriranse a partir da unha da madrugada pero non será até as 2.30 horas cando comece a tocar a orquestra. O evento supuxo un investimento de máis de 20.000 euros pero a comisión de festas da Teixeira espera recuperalo coa venda de entradas e as consumicións. O custe do billete anticipado é de 15 euros e no despacho de billetes 20, con dereito a unha consumición. Pero esta non é a única festa que lle dará a benvida ao 2013. Nas parroquias son varios os centros culturais que tamén organizan baile, como é o caso do Centro Cultural Chan das Pipas de Saxamonde, que a partir da unha abrirá as súas portas. No centro urbano ademais das festas que celebra os locais do casco vello e as discotecas da zona, a sala Disco Tasca despide o ano cunha festa reggae. Será presentada por Miguel Caamaño locutor e director do programa “Alma de León” de Radio3 e participarán o madrileño Daraneh, DJ Don Cornelius, Taru, Ali Gator Del Sutta e Ganjaman Selectah. O custe do billete anticipado é de 9 euros, 13 na sala, e os socios beneficiaranse de descontos.

Mario Comisión de Festas da Teixeira
Dende a organización explican como vai ser o evento que agarda chegar as preto de 2.000 persoas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará