Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Teatro para nenos en Redondela

RR_Noticias

Os máis pequenos da casa son os protagonistas da programación teatral deste Nadal que organizan o Concello e a Asociación de Empresarios. O Multiusos da Xunqueira acolle esta tarde o espectáculo “A voar”, de Sarabela Teatro. Mañá sábado é a quenda de Teatro dos Ghazafelhos coa obra “Bon Appêtit!”, ás 18.00 horas.

A obra de Sarabela Teatro cóntanos a historia de Zoe, a quen sempre lle gustaron os paxaros. Todos e cada un deles: pardaos, xílgaros, paporrubios… Pero o que nunca imaxinou é que seu pai deixaría de comer as súas deliciosas torradas para entregarse a unha dieta de sementes e vermes! Todo se complica cando na vila convocan un concurso de homes voadores e tía Greta chega á casa disposta a revolucionar as súas vidas armada coas súas empanadiñas. A proposta de Teatro dos Ghazafelhos, mañá sábado, é unha divertida comedia na que tres chefs franceses tentarán amosar ó público unhas receitas da cociña tradicional galega. Pepablo Patinho, membro da compañía, explica que se trata dun espectáculo para toda a familia onde o único obxectivo é que o público “escache coa risa”. A vindeira semana, o venres día 4 de xaneiro, o espectáculo infantil corre a cargo da compañia Mamá Cabra con “Xa me tardan estes Reis”, ás 12.00 horas. A Cabalgata de Reis será o sábado, con saída desde Vilavella. O venres 11 de xaneiro celébrase a Gala do Comercio de Redondela coa entrega de premios da campaña de Nadal “Mercar en Redondela ten premio”, ás 20:30h. O sábado 12 de xaneiro celébrase no Multiusos o Concerto Orquesta de Saxos ás 20.30h.  

Teatro dos Ghazafelhos
Pepablo Patinho fálanos da divertida obra "Bon Appêttit!".

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará