Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os novos contratos de telefonía e seguros aforrarán ó Concello máis de 45.000 euros ó ano

RR_Noticias

A adxudicación dos servizos foi aprobada por unanimidade no pleno extraordinario celebrado onte no Concello Redondelán. Unha breve sesión de 5 minutos de duración serviu para unificar todos os servizos de telefonía fixa, móbil e internet, que agora xestionará R, e tamén a contratación dos seguros para todos os vehículos municipais.

Os grupos de PP, PSOe e BNG aprobaron as contratacións, ante a ausencia do concelleiro de AER. Todos os voceiros coincidiron en sinalar os beneficios que van supoñer os cambios nestas adxudicacións, xa que se unifican todos os contratos facendo que a oferta sexa moito máis económica. O novo contrato de telecomunicacións coa empresa R engloba todas as liñas de telefonía fixa, móbil e Internet coas que opera o Concello, incluídas as conexións wi-fi dos centros sociais das parroquias. A empresa adquiriu ademais o compromiso de ampliar esta rede wi-fi ao resto de centros culturais do municipio que aínda non contan con este servizo. Desde o BNG o edil BNG Xoán Carlos González valorou moi positivamente esta mellora, xa que que permitirá aos veciños contar cunha ferramenta moi útil nas parroquias ao poder acceder ás novas tecnoloxías. Ademais a oferta de R suporá un aforro duns 25.000 euros anuais para as arcas do Concello. Tamén se aprobou por unanimidade a adxudicación dos novos contratos de seguros para os vehículos a cargo do Concello, que suporá un aforro superior ós 20.000 euros anuais. O concelleiro de Interior, Arturo González, destacou que os técnicos municipais informaron favorablemente de todo o procedemento.
 
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará