Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG denuncia inseguridade e puntos negros nas estradas nacionais que atravesan Redondela

RR_Noticias

O grupo municipal nacionalista solicita do goberno local información sobre as demandas feitas polo Concello ao Ministerio de Fomento, logo de que o tema fora abordado no pleno deste mes de decembro. Dende a organización nacionalista, consideran que as estradas de titularidade estatal (N-550, N-552, N-555), carecen de importantes medidas de seguridade viaria.

No pleno celebrado o pasado 13 de decembro, e a preguntas da oposición, o concelleiro Arturo González, afirmou que o goberno municipal remitira ao Ministerio de Fomento unha serie de peticións. Ditas demandas se recolleran nun catálogo, que agora o BNG vén de solicitar ao grupo de goberno. O Bloque denuncia que o intenso tráfico de vehículos particulares e de grande tonelaxe, agrava a situación de “auténticos puntos negros”. O BNG entende que a seguridade viaria de peóns e veciños destas estradas, constitúe “o primeiro obxectivo polo que se debe traballar”. Entre as demandas inclúen a construción dunha rotonda no Alto dos Valos en Saxamonde, melloras no cruzamento da N-550 e N-555, na zona do Salgueiral en Vilavella, con instalación de rede semafórica e pasos de peóns; mellora de seguridade viaria no acceso ao Colexio Público de Cesantes, con beirarrúas e construción dunha rotonda; rede semafórica na N-552, á altura do barrio de Rande en Cedeira; a mellora das “escasísimas” condicións de seguridade na N-555. Por outra banda a principios do mes de novembro solicitaron a convocatoria da Comisión de Interior, co obxectivo que se dera conta das demandas efectuadas ante Fomento, e polo de agora aínda non se celebrou ningunha xuntanza. Desde o Bloque denuncian que é unha nova mostra de que dende o goberno do Partido Popular estase a traballar “de xeito improvisado, sen ter claros os obxectivos” a acadar. Demandan que non se limiten a remitir a Fomento os escritos para cumprir os trámites, senón que fagan tamén “un seguimento” do tema, xa que é unha problemática “que afecta directamente a un número importante de veciños e veciñas de Redondela.”
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará