Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os Afectados pola AP-9 lamentan que Fomento ratifique a ampliación de Rande “incumprindo” o seu compromiso

RR_Noticias

Desde a Asociación Afectados Autoestrada Chapela Rande-Teis lamentan ter coñecido polos medios de comunicación que o actual Ministerio de Fomento ratificou o acordo sobre a ampliación da AP-9 ao seu paso por Rande. O acordo, que contempla tamén a rebaixa da peaxe entre Vigo e Pontevedra é cualificado polo grupo local de Esquerda Unida como “o timo da estampiña”.

Os afectados pola AP-9 lembran que levan “meses” tentando reunirse coa Ministra Ana Pastor e que non obtiveron reposta. No ano 2010 reuníronse no Parlamento de Galicia con Alejandro Gómez (portavoz de infraestruturas do Partido Popular), quen advertiu que se trataba dunha actuación “prexudicial para Chapela” e que non se faría a ampliación de Rande “mentres non houbese unha autovía alternativa”. Este ano reuníronse en dúas ocasións, en xullo e outubro, co Subdelegado do Goberno en Pontevedra, Antonio Coello, quen os remitiu a falar coa Ministra Ana Pastor. En todo caso, a asociación entende que desde o PP existía “un compromiso político” de non ampliar Rande ata que non houbese unha autovía alternativa. En referencia ao acordo asinado entre o Ministerio e Audasa, negan que a concesionaria faga “un agasallo” á sociedade rebaixando a peaxe e facendo obras por valor de 400 millóns. Desde a Asociación de Afectados entenden que pode ter “consecuencias posteriores” para os cidadáns durante os próximos 25 anos. Roberto Villar, o secretario, explica que os 2,5 millóns que supón a rebaixa, “só representa o 5% dos 52 millóns de beneficios netos anuais que leva obtendo a concesionaria nos últimos anos”.
Valoración de EU
Para o grupo local de Esquerda Unida o acordo asinado repercutirá “cunha suba en todas as peaxes de Galicia” coa cláusula de compensación, que lle permite a Audasa subir un 1% por riba do IPC cada ano, para compensar os 2,5 millos de euros que estima deixar recadar cada ano. Dende Esquerda Unida lamentan esta nova “claudicación” de Fomento a intereses privados, posto que so poderán ter aceso a reducción da peaxe os usuarios que dispoñan o servizo de telepeaxe OBE, que vende unha entidade financeira privada accionista de Cittigruop, dono de AUDASA.
 
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará