Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Concello edita un libro de Xavier Groba con 720 cantigas recompiladas por Casto Sampedro

RR_Noticias

Trátase da obra “Casto Sampedro e a música do cantigueiro galego de tradición oral”, que foi editada en dous volumes. O musicólogo vigués dedicou varios anos a investigar e rastrexar as publicacións existentes no Museo de Pontevedra. Trátase das obras cantadas recollidas polo intelectual redondelán, pero son aínda moitas as obras instrumentais que quedan por descubrir.

O anterior traballo sobre o cancioneiro foi publicado en 1942 e desde entón non se editara nada nada novo. Neste caso, Xavier Groba catalogou as cantigas, dividíndoas en 36 xéneros diferentes e clasifícaas en sete seccións segundo a temática das letras. Outra das novidades que se inclúen nestes dous volumes é a contextualización histórica, buscando nos documentos consultados na biblioteca do Museo de Pontevedra quen cantaba cada peza. Neste traballo o investigador logrou atopar referencias a outras coleccións musicais de Galicia que se perderon e que a partir de agora poderán ser estudada polos musicólogos e historiadores. Os actos do Ano Casto Sampedro, que conmemoran o 75º aniversario do seu pasamento, continúan este venres, día 7, cunha charla que terá lugar na Asociación de Veciños de Vilar de Infesta a cargo do conferenciante Amado Ricón. O próximo 13 de decembro a actividade será na Asociación de Veciños Santo Estevo de Negros, a cargo de Julio Alonso Monteagudo.  

Julio Alonso Monteagudo
No traballo de Sampedro queda moito por investigar.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará