Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Biblioteca conmemora o 200 aniversario da primeira edición dos contos dos Irmáns Grimm

RR_Noticias

No Multiusos da Xunqueira celebraranse dúas sesións de contacontos e un concurso de debuxos para celebrar o aniversario da publicación de “Los cuentos para la infancia y el hogar” en colaboración coa Fundación Filomena Rivero.

A primeira cita é o próximo luns, 10 de decembro, coa sesión “Contos Grimmosos para nenos animosos” . Será ás 18.30 horas, e está dirixida a nenos de 3 a 5 anos. A segunda sesión de contacontos será o venres, 14 de decembro, con “Contos dos Irmáns Grimm para tremer e rir”, para público infantil de 6 a 9 anos, tamén ás 18:30 horas. As dúas sesións desenvolveranse na Sala Infantil da Biblioteca Municipal, no Multiusos da Xunqueira. Tamén se convoca ós máis pequenos ao concurso “Debuxa a túa escena favorita dos contos que escoitaches”, no que poderán participar os rapaces que asistiron aos contacontos. O prazo de entrega dos debuxos remata o mércores, 19 de decembro, e a entrega de premios será o venres, 21 de decembro ás 18:30 horas. Vota o teu libro favorito 2012 A Biblioteca Municipal de Redondela e a Axencia de Lectura Municipal de Chapela, no seu papel de fomento e dinamización do libro e a lectura, elixen cada ano, a través dos seus socios, o mellor libro do ano en curso. A elección atende ao criterio de preferencia por parte dos lectores que, por votación, escollerán, respectivamente, un libro infantil e outro de adultos, como mellores libros do ano. De entre os participantes, farase un sorteo dun exemplar do libro que teña recibido máis votos, tanto do libro de adultos, entre os adultos, como do libro de rapaces, entre os menores de 14 anos. Os dous requisitos para participar son ser socio da Biblioteca e seleccionar un libro publicado neste ano 2012. As votacións faranse nas furnas que, para a ocasión, están xa situadas nas dúas bibliotecas. O prazo para participación está aberto ata o 2 de xaneiro de 2013.  

María Elena Becerra responsable da Biblioteca.
Os contacontos serán na Sala Infantil da Biblioteca.
Mellor libro de 2012
Os socios da biblioteca poden escoller a mellor obbra de 2012 para adultos ou infantil.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará