Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela esixe da Xunta unha partida nas contas de 2013 para cambiar o tellado do CEIP Quintela

RR_Noticias

A moción, presentada no pleno a instancia do BNG, foi aprobada por unanimidade. Os problemas no centro remóntanse a febreiro do ano 2011, cando un temporal fixo voar parte do tellado. A Consellería de Educación procedeu a reparar a parte da cuberta danada, pero segundo a dirección do Centro quedou pendente de renovar todo o tellado.

Xoán Carlos González, edil do BNG que expuxo a moción, entende que a comunidade educativa do CEIP Quintela “xa tivo paciencia suficiente” ata o de agora, e que logo de ano e medio é preciso esixir da Xunta que inclúa unha partida nos orzamentos de 2013 para acometer a obra. Desde o PSOE, Eduardo Reguera, que é mestre neste centro, criticou a actitude da Consellería de Educación, “que non foi clara coa dirección do Colexio”. Lembra que se comprometeran a poñer un tellado novo e lamenta que agora a Xunta xustifique cuns informes técnicos que o tellado se atopa “en perfectas condicións”, cando a dirección do centro non conta con eses informes. O PP, que apoiou a moción, explicou que o Concello recibiu un “informe interno” da Consellería explicando que os técnicos garanten “o bo estado do tellado”, e a concelleira Teresa París comprometeuse a remitirlle os informes tanto á dirección do centro como ós grupos da oposición. Finalmente, e tamén co voto de AER, aprobouse por unanimidade solicitar á Xunta unha partida nos orzamentos do ano 2013 para o arranxo integral do tellado do CEIP Quintela  

Xoán Carlos González BNG
O Bloque esixe da Xunta unha partida para cambiar o tellado.
Eduardo Reguera PSOE
O socialista acusa á Consellería de non ser clara coa dirección do CEIP.
Teresa París PP
A concelleira explicou que nun informe interno a delegación asegura que o tellado está ben.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará