Hoxe é Venres 17 de Setembro de 2021
History
Stations
NOTHING FOUND!

O Choco suma e segue diante do Arousa

RR_Noticias

Os de Jacobo Montes sumaron tres puntos grazas a dous goles na primeira parte. É a súa terceira vitoria consecutiva, a quinta no últimas seis xornadas. Boa xornada tamén na Segunda Autonómica, o Choco B impúxose no campo do S.Miguel e o Chapela gañou ao Coruxo. No balonmán tamán gañaron os seus encontros tanto o Solla Chapela como a SAR.

Preferente Sur
Choco 2-1 Arousa
Os visitantes dominaron os primeiros minutos de xogo, pero non tiveron acerto de cara á portería de Cortegoso. O Choco soubo aguantar e tivo premio cun gol no minuto 13. Caloi puxo rápido en xogo unha falta lateral para Ropero, aínda que o seu disparo atopouse cunha boa intervención de Jorge Pérez. O rexeite acabou a pés de Chus, que só tivo que empuxar a pelota ao fondo da portaría. Os redondeláns lograron incrementar a súa conta antes do intermedio. Foi grazas a unha boa internada de Ropero pola banda esquerda para colocar un medido pase atrás cara á chegada de Caloi. Este, desde o punto de penalti, non perdoou (2-0, min.37). Na segunda metade o Arousa recortou distancias cunha dobre parede entre Camino e Hugo, permitiu ao segundo quedar só ante Cortegoso e superalo por alto (2-1, min.59). E aínda que houbo ocasións para que os de Montes aumentasen a renda, non tiveron acerto de cara ó gol, e tiveron que agardar o asubío final para quedar tranquilos. A vitoria déixaos na 6ª praza do grupo. A próxima xornada xogan no campo do Ribadumia.
Segunda Autonómica
Chapela 3-0 Coruxo
S.Miguel 1-3 Choco B
Soutomaior 1-3 Pontecaldeas
Gondomar 16-2 Nespereira
Terceira Autonómica
Bueu 3-0 Cesantes
Moaña B 1-1 Arcade
Caldelas 4-3 At.Vilar
BALONMÁN Primeira Nacional
Solla 34-32 Cinco Jotas
Moitas dificultades pasaron os de Fran Teixeira para impoñerse ó Cinco Jotas. O sufrimento viuse recompensado dunha vitoria que os mantén na 2ª praza do grupo, a tan só 1 punto do líder, o Zamora
BALONMÁN Primeira Autonómica
Ártabro 25-28 SAR
Os redondeláns manteñen a súa boa racha. A vitoria na pista do Ártabro mantenos como sólidos líderes do seu grupo, a 4 puntos do seu inmediato seguidor, o Pontevedra.
 
 
 

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on pinterest
Pinterest
Share on whatsapp
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *