Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela contará cunha ordenanza municipal para previr casos de exclusión social

RR_Noticias

A proposta do grupo popular contou co apoio de PSOE e BNG, mentres AER se abstivo. No pleno celebrado votouse a aprobación inicial, e a normativa poderá modificarse antes da aprobación definitiva a través de emendas. O obxectivo é que ordenanza sirva para regular as axudas ás persoas ou familias en situación de necesidade.

Na sesión celebrada no Multiusos da Xunqueira a concelleira de Igualdade e Servizos Sociais, Teresa París, explicou que se trata “dunha ferramenta” para que os técnicos municipais poidan ter un texto no que se recollan os criterios para outorgar as axudas e que a actuación sexa “máis rápida”. AER abstívose na votación, alegando que algunhas cuestións “non estaban claras”, e que agardarán a unha próxima xuntanza para facer as súas propostas ó texto. O BNG, que apoiou a proposta, lamentou que a norma non inclúa o compromiso do goberno “de incrementar as partidas orzamentarias cada ano” para previr casos de exclusión social. Con todo, Xoán Carlos González explicou o voto a favor do seu partido por ser unha aprobación “provisional” na que agardaban introducir algúns cambios. No mesmo sentido se manifestaron desde o PSOE, que tamén apoio a proposta. A edil Digna Rosa Rivas insistiu en que a ordenanza debía incluír unha relación “detallada” dos criterios para obter as axudas, e uns baremos nos que se especifique a situación económica, social, familiar, da vivenda, etc. Por outra banda, a transmisión de postos no mercado municipal foi aprobada por unanimidade.  

Teresa París PP
A concelleira de Servizos Sociais explica que se trata dunha ferramenta para que os trámites sexan máis rápidos.
Jorge Varela AER
AER xustificou a súa abstención por non "claros" algúns aspectos da ordenanza.
Xoán Carlos González BNG
O Bloque apoiou a proposta aínda que agardan introducir modificacións no texto.
Digna Rosa Rivas PSOE
Os socialistas malia aprobar o texto piden que se inclúa un baremo e uns criterios detallados para optar ás axudas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará